O campo reinventase coa tecnoloxía e convertese nun nicho de novos empregos
Nos últimos anos producíronse grandes cambios no campo. As novas tecnoloxías están a irromper neste sector, que hoxe en día é un dos máis innovadores e non só en maquinaria e tractores. O campo experimentou unha importante evolución noutras áreas como a trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria, exportacións, vendas por Internet... e profesionalizouse.
Estes cambios propician a aparición de novas profesións neste sector ao que moitos traballadores tamén volven a mirar para reinventarse, reorientar ou ben buscar unha alternativa profesional, chegando mesmo a emprender e crear empresas. Tamén é unha importante oportunidade para aplicar os coñecementos dispoñibles nunha universidade, como a de Santiago de Compostela, con gran prestixio nas denominadas ciencias da vida.