Intelixencia artificial nos eventos e actividades culturais
Concertos, feiras nacionais, exposicións, etc son a miúdo un lugar de encontro no que se suceden varias actividades ao mesmo tempo. Nalgunhas ocasións podense levar a cabo en recintos pechados onde atopar o que buscas é unha auténtica odisea. Ou ben, en recintos abertos onde as rúas son o escenario. Por iso mesmo, desde que os denominados chatbots, ou asistentes conversacionais, chegaron ao panorama dixital existen múltiples exemplos que demostran o útiles poden chegar a ser, non só durante o desenvolvemento do evento, senón tamén durante a promoción do mesmo.
A intelixencia artificial contida nos asistentes conversacionais, que poden deseñarse dende a nube sen coñecementos específicos de programación, constitúen un dos principais desenvolvementos no que os robots (neste caso, sen forma humanoide, só coa súa voz) intégranse no normal desenvolvemento dunha actividade. Neste mesmo senso, existen grandes posibilidades para a aplicación noutros casos, a disposición das capacidades creativas das persoas.