XI Premio AMJE EMPRENDE
O 19 de novembro finaliza o prazo de presentación de solicitudes do concurso, que premia a xestión empresarial, e está convocado por AJE A Coruña, a Asociación de Xoves Empresarios da provincia de A Coruña.
O capital social das empresas que se presenten deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos e que reúnan os seguintes requisitos:
1. Premio Novo Empresario 2010: emprendedor/a que constitúa unha empresa, en calquera das súas formas xurídicas, cunha antigüidade superior a 3 anos, con sede social na provincia da Coruña, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial.
2. Premio Aje Junior 2010: emprendedor/a que constitúa unha empresa hai polo menos 6 meses e non exceda os 3 anos, en calquera das súas formas xurídicas e que esta teña sede social na provincia da Coruña, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial.
3. Accésits: emprendedor que constitúa unha empresa hai polo menos 6 meses, en calquera das súas formas xurídicas e que esta teña sede social na provincia da Coruña, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial. Establécense tres accesits nas modalidades de innovación, creación de emprego e internacionalización.
Todas as candidaturas deberán conter:
Documentación obrigatoria:
a) Solicitude de candidatura, asinada e selada.
b) Memoria da empresa.
c) Declaración xurada de veracidade de datos, tal e como figura no ANEXO (en documento adxunto). A presentación desta declaración non exclúe as posteriores comprobacións de documentos acreditativos que puidese levar a cabo o comité organizador para a verificación dos datos.
d) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou documento acreditativo da idade dos socios da empresa candidata.
e) Logotipo da empresa en formato jpg ou similar (remitir mediante correo electrónico a ajemarineda@ajemarineda.com).
Documentación optativa:
a) Calquera tipo de certificación da empresa (calidade, protección de datos, prevención de riscos laborais, premios, distincións, etc). Escanearase o documento orixinal e incorporarase no soporte cd ou pen-drive o cal recolle toda a información.
b) Folletos ou dossieres publicitarios, anuncios, mencións e aparicións en prensa, etc. Tamén se poderá incluír como documento anexo unha presentación da empresa. Toda esta información aportarase en soporte dixital e incorporarase no cd ou pen-drive de presentación.