• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

Convocadas pola Consellería de Economía e Industria, o prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de novembro de 2010.

 Os obxectivos destas axudas están dirixidos a promover o desenvolvemento de actuacións que estimulen o crecemento e estabilidade das empresas téxtiles galegas fóra da nosa comunidade.

Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 30 de novembro de 2010, as seguintes:

Tipo a) Actuacións de difusión:

Subtipo a.1. Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizados a través de campañas ou insercións en medios de comunicación, sempre que a súa difusión se realice fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subtipo a.2. Actuacións de difusión e divulgación con fins promocionais realizadas a través da elaboración de material promocional como catálogos, folletos e similares, en calquera soporte, que conteñan información da empresa beneficiaria e que contribúan á divulgación e coñecemento dos seus produtos fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipo b) Actuacións de promoción:

Subtipo b.1. Participación en feiras, desfiles, certamen e outros eventos expositivos sectoriais de carácter profesional que se celebren fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subtipo b.2. Corners e show-rooms situados nos mercados internacionais, co obxecto de favorecer a promoción a través de exposicións permanentes. Os corners deberán estar localizados en superficies comerciais con máis de 2.500 m² de superficie útil de exposición e venda ao público.

Tipo c) Actuacións de acceso a mercados:

Subtipo c.1. Estratexia de penetración nos mercados externos a Galicia a través da expansión dunha marca: elaboración dun proxecto de expansión de marca dirixida aos mercados de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, como vía de acceso, comunicación e fidelización; así como a materialización dos acordos con terceiros.

A subvención non poderá ser superior ao 50% do investimento subvencionable

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

As axudas están dirixidas a empresas privadas de carácter industrial pertencentes ao sector téxtil-moda-confeción con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.