• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso Busca de emprego a través de internet

A concellaría de Promoción Económica e Emprego organiza este curso co obxectivo de que o alumnado aprenda a crear e manexar unha conta de correo electrónico, e se familiarice co funcionamento das páxinas máis utilizadas á hora de buscar traballo. Deste xeito foméntase o acceso ás novas tecnoloxías e as persoas participantes situanse nunha mellor posición de cara á procura de emprego.
O curso Busca de emprego a través de internet conta con 40 prazas, ten unha duración de oito horas e enmárcase no Servizo Local de Emprego que ofrece a concellaría dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesias. A primeira edición permitirá formar a 20 persoas. Impartirase os luns, día 18 e o martes, día 19, na aula de informátiva do edificio Cersia, situado en San Lázaro, en horario de dez da mañá a dúas da tarde. A segunda edición terá lugar o mércores, 20 e o xoves, 21 de outubro.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Está dirixido preferentemente a persoas desempregadas con escasos ou nulos coñecementos de informática