• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Cursos outubro 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito

Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito é un curso gratuíto, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa. No desenvolvemento da acción formativa colaboran a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Obra Social Caixa Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de outubro.

O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademais da formación, proporcionará atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha tutoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao final do curso.

Documentación requerida

As persoas interesadas poden inscribirse directamente a través do formulario Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, ou ben poden cubrir a solicitude e entregala en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito está dirixido a todas as persoas que teñan pensado por en marcha un proxecto empresarial. Conta con 15 prazas dispoñibles e unha duración de 20 horas. Está previsto que realice entre o 25 e o 27 de outubro, de 9.30 h. a 14.30 h.  O 28 de outubro proporcionaranse titorías individuais de asesoramento a cada participante. Mediante esta acción, ofrécese un apoio integral que combina a formación, asesoramento empresarial, e que ademáis facilita o acceso a financiamento en condicións preferentes para aqueles proxectos que sexan viables.