Conclusións da xornada O mundo que ven organizada por Igape e APD
O pasado venres celebrouse en Santiago a cuarta edición do evento O mundo que ven que congregou na nosa cidade a un grande número de persoas con responsabilidades directivas, chegadas de todos os puntos da xeografía galega.
Alejando Alvargonzález, secretario xeral adxunto para asuntos políticos e de seguridade da OTAN, destacou que a manipulación informativa é unha das grandes ameazas ao noso nivel de vida, posto que da manipulación e da mentira á radicalización tan só hai unha feble barreira.
Destacuose na xornada que, de forma paradóxica, mentras que aumenta a cantidade de información dispoñible, aumenta o descoñecemento, posto que cada vez paramonos menos a pensar e analizar os acontementos da nosa contorna.
A economía é cada vez mais conectada, inmediata e persoalizada, fronte ao cal, as organización que queiran sobrevivir teñen que traballar en tempo real e con maior simplicidade, persoalización e relevancia.