Edición Verán. VII concurso Municipal de Escaparatismo
Os comercios de Santiago teñen de prazo ata o 13 de xullo para inscribirse na Edición de Verán do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2010, que destina máis de 10.000 euros a premios.
Na edición de verán premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 5.000 euros para o primeiro clasificado, aos 2.000 euros para o segundo, e aos 1.500 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No Concurso de Escaparatismo, organizado por Promoción Económica e Comercio desde o ano 2004, colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Agrupación de Comerciantes de Santiago ACOTÉS, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición