• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

XIC10: Xornadas Internacionais de Coaching 2010

O 22 de xullo celebrouse a conferencia  Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, á que asistiron medio centenar de persoas. XIC10 continuará o día 1 de xullo co seminario-obradoiro A forza do coaching: poden cambiar as persoas?, e os días 30 de setembro e 1 de outubro, coa celebración, en Santiago de Compostela, da II Xornada Internacional de Coaching.

Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa

O 22 de xuño comezaron as Xornadas Internacionais de Coaching 2010, coa conferencia Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, que se celebrou ás 19.30 h. na ITE Caixa Galicia, e á que asistiron medio centenar de persoas.

O obxectivo desta conferencia era difundir o coaching e cómo este pode axudar na dirección de persoas. Es un bo xefe? Coaching para a túa empresa, contou coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo a través do programa Rede de Cooperación Local. Estaba organizada por AJE A Coruña, con QCoach como partner.  

A ponencia foi impartida por Joaquín Dosil Díaz e presentada por Daniel Álvarez Lamas, dous prestixiosos coaches do panorama nacional. Explicaron como o coaching pode axudar a ser unha/un xefa/e eficaz e valorada/o; sacar o máximo partido ás/aos colaboradoras/es, e afrontar os problemas que xurden a diario.

Seminario-obradoiro A forza do coaching: poden cambiar as persoas?

XIC10 continuará o día 1 de xullo co seminario-obradoiro A forza do coaching: poden cambiar as persoas?, no que Joaquín Dosil e Daniel Álvarez explicarán as principais claves para aplicar as ferramentas do coaching no día a día das/os directivas/os.

 II Xornada Internacional de Coaching

Os días 30 de setembro e 1 de outubro celebrarase, en Santiago de Compostela, a II Xornada Internacional de Coaching. Con este evento de carácter internacional preténdese facilitar ao empresariado a formación necesaria para mellorar competitivamente nas súas organizacións a través do coaching; unha disciplina que, aplicada a ámbitos como o deporte, a empresa, os equipos de investigación ou as universidades, permite avanzar en materia de motivación, negociación, habilidades directivas, transferencia, coñecemento, comunicación entre equipos, etc. O ano pasado, AJE A Coruña organizou, en colaboración con distintas entidades, entre elas Promoción Económica, a I Xornada Internacional de Coaching. Asistiron cerca de 200 persoas e contou coa presenza de destacados poñentes e expertos na materia, entre eles o irlandés, Joseph O´Connor.

As Xornadas Internacionais de Coaching 2010 contan coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica a través do programa Rede de Cooperación Local. Están organizadas por AJE A Coruña, con QCoach como partner. Nelas tamén colaboran a consellería de Economía e Industria, o IGAPE e ITE Caixa Galicia.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición