• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego.

Sesenta persoas asistiron á xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego. O encontro celebrouse o 17 de xuño no Centro Social de Caixanova, localizado na Praza de Cervantes, número 17, en Santiago de Compostela.

Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiencia enerxética, a competitividade e o emprego, estaba dirixida a profesionais, persoal técnico, estudantes, empresas e entidades públicas interesadas nas novas políticas e na xestión e normativa sobre eficiencia enerxética. Nesta xornada abordouse a necesidade de superar o modelo enerxético actual, o impacto ambiental das medidas previstas no contexto europeo, as oportunidades empresariais que conlevan (está considerado un novo xacemento de emprego) e o marco legal no que se aplicarán. O seu obxectivo é que as persoas participantes coñeceran as axudas que existen neste proceso de transformación e a súa influencia na xeración de emprego e na formación en técnicas de eficiencia enerxética.

Na xornada, organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, colaboraron o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), EQA (European Quality Assurance) e Faepac (Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña).

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
A xornada estaba dirixida a profesionais, persoal técnico, estudantes, empresas e entidades públicas interesadas nas novas políticas e na xestión e normativa sobre eficiencia enerxética.