• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas para a creación de novas empresas Compostela Activa 2010

A Concellaría de Promoción Económica destina 60.000 euros ao programa Axudas para a creación de novas empresas Compostela Activa 2010. O ano pasado beneficiáronse destes incentivos 24 empresas. O obxectivo das subvencións é axudar economicamente aos novos proxectos empresariais a consolidar os seus negocios.
Cada proxecto empresarial pode percibir como máximo 3.000 euros, con independencia do número de beneficiarios que o compoñan. A contía da axuda poderá acadar ata o 100% dos gastos subvencionabeis, é dicir, os considerados como correntes  e de primeiro estabelecemento realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2010 nos seguintes conceptos: existencias iniciais de mercadorías, custes de arrendamento de locais e/ou equipos, primas de seguros, abastecementos e gastos correntes e gastos de constitución da sociedade. O importe da axuda non poderá ser empregado con outros fins.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán optar ás axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que  iniciaran a súa actividade entre o 1 de agosto de 2009 e o 30 de xuño de 2010, teñan a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago, a súa actividade empresarial sexa viable económica, financieira e tecnicamente, non percibisen subvencións ao abeiro desta convocatoria nos catro anos anteriores e non desenvolvesen a mesma ou similar actividade na mesma localidade nos seis meses anteriores ao inicio da nova actividade. Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso, no censo de obrigados tibutarios.