• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

19 de maio. Xornada Guía para as persoas coidadoras

O 19 de maio celébrase a xornada Guia para os coidadores familiares. Organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, terá lugar no Centro Social de Caixanova, na Praza de Cervantes, das seis e media ás sete e media da tarde. Intervirán o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o director do Instituto para o Desenvolvemento e a Formación de Francia (socio principal do proxecto Coidadores Familiares do programa europeo Leonardo da Vinci, Patrick Torre; e a traballadora social, socióloga e técnica en xestión xerontolóxica, Ximena Campos. A inscrición é gratuita. As persoas que desexen asistir teñen que envíar os seus datos ao correo electrónico servizolocaldeemprego@santiagodecompostela.org.

Este evento enmárcase no proxecto Coidadores Familiares, do programa europeo Leonardo da Vinci, que ten como obxectivo establecer un protocolo común a nivel comunitario que acredite profesionalmente aos/ás coidadores/as familiares que, de xeito informal, estiveron coidando a outra persoa.Unha acreditación profesional común a toda a Unión Europea facilitará a incorporación ao mercado laboral dun colectivo con expectativas de inserción difícil, no que a maioría de integrantes son mulleres, moitas delas maiores. Ademais, esta acreditación axudará a cubrir a demanda que existe nun sector en plena expansión como é a axuda a domicilio ou os servizos ás persoas, con candidatas/os axeitadas/os que contan con experiencia.  

Está previsto que Santiago de Compostela acolla, o 16 e 17 de setembro de 2010, un seminario internacional no que participarán as entidades socias do proxecto: o Concello de Santiago a través da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Caring of Carers de Irlanda, INTEGRA PLUS de Bélxica, ADMR de Francia, Academia de Formación de Eslovaquia, o Instituto para o Desenvolvemento e a Formación da illa francesa de Córcega, e a Escola de Formación de Italia.