Homenaxe ao comercio de Compostela 2010
Homenaxe ao comercio de Compostela 2010 ten como obxectivo recoñecer a labor dos comercios homenaxeados, a súa traxectoria ao servizo da clientela, e a achega realizada ao sector comercial, un dos motores da economía compostelá.
Poden participar todos os estabelecementos comerciais polo miúdo abertos ao público no Concello de Santiago, excepto os xa homenaxeados en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009). Unha comisión estudiará as solicitudes de participación presentadas conforme aos criterios obxectivos fixados nas bases.
Criterios de valoración
1. Antigüidade do estabelecemento consonte os seguintes parámetros:- a. De 0 a 25 anos de apertura: 1 punto.
- b. De 26 a 50 anos de apertura: 2 puntos.
- c. De 51 a 75 anos de apertura: 4 puntos.
- d. De 76 a 100 anos de apertura: 7 puntos.
- e. De 101 a 150 anos de apertura: 11 puntos.
- f. Máis de 151 anos de apertura: 20 puntos.
Para os efectos destas bases, entenderase como data de apertura do estabelecemento aquela que figure no(s) documento(s) que se acheguen para acreditar a existencia do comercio. Admitirase calquera tipo de documentación: licenza de apertura, licenza de obras, recibos de custos correntes, contratos, e similares. Non se admitirán recortes de prensa que fagan referencia a datas se non aparecen contrastadas con algún outro documento.
En defecto da proba documental referida, admitirase unha declaración responsábel expresiva da antigüidade do estabelecemento. Á vista desta declaración, se o xurado, amplo coñecedor do sector comercial e dos seus axentes, a avala coa súa experiencia e coñecemento teranse en conta os anos de antigüidade declarados. Non obstante, en caso de discrepancia, prevalecerá en todo caso a proba documental que indubidabelmente acredite a antigüidade fronte á declaración.
2. Que o estabelecemento comercial pasara de xeración a xeración no seo dunha mesma familia desde a súa fundación. É dicir que a súa explotación fose sempre familiar, no seo da mesma familia. A puntuación é a seguinte:
- a. Estabelecemento familiar: 5 puntos.
- b. Estabelecemento non familiar por existir un traspaso desde a súa fundación a persoas alleas á familia fundadora: 3 puntos.
- c. Estabelecemento non familiar por existir máis dun traspaso, desde as súas orixes, a persoas alleas á familia fundadora: 1 punto.
Téñanse en conta as mesmas consideracións sobre a proba documental ou a supletoria declaración responsábel feitas en relación co criterio temporal anterior.
Os estabelecementos comerciais poderán eles mesmos presentar a súa candidatura ou ben ser propostos por outros comerciantes ou asociacións de comerciantes.
As solicitudes deberán presentarse, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I a estas bases, no Rexistro Xeral do Concello de Santiago na rúa do Presidente Salvador Allende, 4 baixo, Santiago de Compostela, ou calquera dos seus rexistro auxiliares (rúa de Berlín 13 e rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16) xunto coa seguinte documentación:1. Documentación acreditativa ou supletoria declaración responsábel dos anos de antigüidade.
2. Documentación acreditativa ou supletoria declaración responsábel de que o estabelecemento foi explotado de xeración en xeración no seo dunha mesma familia ou, se é ou caso, documentación acreditativa ou supletoria declaración responsábel en senso contrario.Todo documento non orixinal deberá vir compulsado notarialmente ou polo Concello de Santiago.
A falsidade nas declaracións prestadas ou nos documentos presentados dará lugar, segundo o caso, á denegación, sen entrar en valoracións, da solicitude presentada, ou á revogación da candidatura outorgada.Poderán participar todos os estabelecementos comerciais polo miúdo abertos ao público no Concello de Santiago. Os requisitos mínimos de participación deben cumprirse con referencia á data de presentación da solicitude.
Non poderán participar os estabelecementos comerciais xa homenaxeados en anualidades anteriores, a saber: 2006, 2007, 2008 e 2009.