Cursos 2010: Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito
Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito é un curso gratuíto, enmarcado no Servizo de Apoio á Empresa. No desenvolvemento da acción formativa colaboran a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Obra Social Caixa Galicia.
O curso conta con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas. Ademáis da formación, proporcionaráse atención personalizada a cada participante para axudarlle a traballar sobre o seu proxecto empresarial ou de autoemprego. Tamén se lles facilitará aos asistentes unha aplicación informática para elaborar o plan de empresa e analizar a viabilidade económica e financeira dos seus proxectos. Este apoio complementarase cunha titoría individual de asesoramento empresarial por alumno/a ao remate do curso.
As persoas interesadas poden inscribirse directamente a través do formulario Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito, ou ben poden cubrir a solicitude e entregala en calquera dos rexistros cos que conta o Concello de Santiago.
Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito está dirixido a todas as persoas que teñan pensado por en marcha un proxecto empresarial. Conta con 15 prazas dispoñibles e unha duración de 20 horas. Realizarase nos días 3, 4, 5 e 6 de maio en horario de 16 a 20 horas. O 7 de maio proporcionaranse titorías individuais de asesoramento a cada participante. Mediante esta acción, ofrécese un apoio integral que combina a formación, asesoramento empresarial, e que ademáis facilita o acceso a financiamento en condicións preferentes para aqueles proxectos que sexan viables.