• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental

O Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental

 está organizado por REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. Celébrase o 25 e 26 de marzo en Zaragoza.

No Encontro de Emprendedores: Sector Medioambiental participan 45 empresas procedentes de distintos lugares do Estado Español. A maioría pertencen aos subsectores de Enerxías renovábeis, Servizos ambientais a empresas e entidades, Xestión de espazos naturais, Xestión de espazos e residuos e Construción sostible e bioclimática.  O día 25 está programada unha visita ao Centro de Urbanismo Sostible Ecociudad “Valdespartera”. O venres, día 26, despois do acto de apertura, desenvolverase a presentación A sostibilidade, un factor fundamental de desenvolvemento económico das cidades, a cargo de Javier Celma, director da Axencia de Medio Ambiente e Sostibilidade do Concello de Zaragoza. A continuación terá lugar unha ronda de presentación das empresas participantes e despois celebrarase o debate-coloquio Desafíos do Sector Medioambiental. A xornada rematará cunha ronda de encontros entre as empresas participantes.