• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Edición Primavera. VII Concurso Municipal de Escaparatismo

Entre o 30 de marzo e o 12 de abril está aberto o prazo de inscrición na Edición de Primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009. Organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, e destinado a todos os comercios de Santiago, nesta edición destina 10.006,82 euros a premios.

Entre o 30 de marzo e o 12 de abril está aberto o prazo de inscrición na Edición de Primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009.Organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio, e destinado a todos os comercios de Santiago, nesta edición destina 10.006,82 euros a premios.

Os comercios interesados poden apuntarse de balde. Só teñen que cubrir o formulario de inscrición adxunto e evialo por fax ao número 981 543 193. Tamén se pode realizar a inscrición enviando un correo electrónico inscricionspe@santiagodecompostela.org. Neste correo teñen que constar os seguintes datos: nome do estabelecemento, sector ao que pertence, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico (se o teñen).

O obxectivo do concurso, enmarcado no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

Documentación requerida
Datos a incluir no correo electrónico inscricionpe@santiagodecompostela.org

-    Estabelecemento

-    Sector

-    Nomes e apelidos do propietario

-    Enderezo

-    Teléfono

-    Fax

-    Correo electrónico

-    Opción para recibir información sobre as actividades que realice a Concellaría de Promoción Económica.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Poden participar no VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping, Primavera 2010

todos os estabelecementos comerciais de Compostela.

Requisitos
  1. A inscrición é de balde
  2. A data tope de inscribirse será o día 12 de abril de 2010.
  3. Os motivos dos escaparates terán tema libre e os seus deseñadores terán completa liberdade para elixir as técnicas, materiais e estilos expositivos.
  4. O xurado está composto por unha representación das seguintes entidades: Concellaría de Promoción Económica e Comercio (con voz pero sen voto), Cámara de Comercio, Asociacións de comerciantes da cidade - Agrupación de comerciantes de Santiago, Fundación Santiago Centro Área Comercial, Asociación de empresarios e profesionais Compostela Monumental e Asociación de comerciantes de Rúa San Pedro-, Euroconsumo Galicia, El Correo Gallego e un profesional independente do sector do interiorismo e a decoración.
  5. O xurado valorará especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións da contorna dos estabelecementos.
  6. As datas de exhibición dos escaparates estarán comprendidas entre o día 13 e o 16 de abril de 2010.
  7. Os escaparates que participen no Concurso deberán estar identificados cun distintivo que achegará a organización e permanecerán iluminados ate as 23 h. Os escaparates que non se atopen instalados no momento da visita valorativa quedarán excluídos do concurso.
  8. A organización poderá establecer exencións a esta norma xustificadas por motivos de seguridade que esixan a retirada da mercadería exporta nos escaparates. 

O VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2010 edición primavera terá como premio unha campaña publicitaria en distintos medios de comunicación local para cada uno dos tres premiados. 

Os gañadores recibirán un bono polo que poderán trocar a campaña de promoción correspondente segundo se trate do primeiro, segundo ou terceiro posto. O bono terá un prazo de caducidade de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación ao interesado. A non execución do premio no prazo indicado, por causas imputables aos gañadores, implicará a revogación do premio inicialmente concedido. 

Os distintos formatos promocionais en que consisten os premios deberán indicar o patrocinio da Concellaría de Promoción Económica e Comercio do Concello de Santiago e a colaboración da Deputación da Coruña, con indicación do concepto en virtude do cal se emite, é dicir, pola súa condición de gañador no Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping.  

O fallo do xurado darase a coñecer a partires do día 20 de abril mediante notificación individual a cada un dos premiados e máis nesta páxina web.

A participación no presente concurso implica a aceptación destes puntos, publicados nas bases.