• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Forum Gastronómico Santiago 2010. As cociñas do Atlántico.

O Fòrum Gastronòmic -congreso pioneiro, innovador e independente-, vén celebrándose cun éxito innegábel desde o ano 1999. Os seus organizadores, Pep Palau, von Arend & Associats, conseguiron consolidalo como un punto de encontro imprescindíbel para empresas agroalimentarias, cociñeiros profesionais e restauradores. A solidez e o éxito do modelo conseguiron que se converta nun referente e modelo a seguir.

O Fórum naceu como un congreso profesional de e para cociñeiros. Baixo este paraugas, paralelamente foise consolidando unha feira de produtos de alta calidade: alimentación, bebidas, publicacións, utensilios ou maquinaria son o complemento ideal das actividades relacionadas co congreso. O programa fórmano sesións de cociña en directo da man de grandes cociñeiros nos que o asistente pode degustar as elaboracións realizadas, catas de viños, diálogos e un longo etcétera deseñado co único obxectivo de proporcionar ao profesional as mellores ferramentas de formación.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición