Incentivos para a creación de novas empresas
A convocatoria de Incentivos para a creación de novas empresas ten como obxectivo axudar económicamente aos novos proxectos empresariais a consolidar os seus negocios. En 2006 beneficiáronse destas axudas 29 novas empresas de Santiago.
Esta liña de incentivos, á que se presentaron 32 proxectos empresariais, contou cun orzamento de 30.000 euros. As axudas repartíanse en dúas categorías: o 5% dos investimentos en activo fixo material en inmaterial ata un máximo de 3.000 euros e ata 2.000 euros en gastos de campañas de promoción e publicidade.