Xornada interdisciplinar de Atención Temperá.
A Xornada interdisciplinar de Atención Temperá Os transtornos emerxentes e o proceso de vinculo na atención temperá, organizada no marco do Proxecto Persoa IV que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica e Emprego desenvolverase o 8 de maio na sede da EGAP, a Escola Galega de Administración Pública.
A xornada está organizada pola Concellaría de Promoción Economica e Emprego, e a Asociación Galega de Atención Temperá. Cofinanciada polo Fondo Social Europeo, conta coa colaboración da EGAP e da Concellaría de Educación do Concello de Santiago. Os seus obxectivos son analizar os transtornos emerxentes relacionados coa alteración do vínculo familiar (vínculos entre pais/nais e fillos/as), e actualizar o traballo que se está facendo a nivel do Estado Español. Trátase dunha nova realidade social que se manifesta, sobre todo, en problemas de aprendizaxe e conduta que afectan ao desenvolvemento de menores. O Proxecto Persoa IV, a través da especialidade de Atención temperá e estimulación precoz está preparando profesionais e experimentado novas metodoloxías e actuacións para, por unha banda dar resposta a esta nova demanda do mercado laboral, vinculada ao sector dos servizos ás persoas; e por outro lado, favorecer a inserción no mercado de traballo das persoas que participan neste programa.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido
Está dirixida a estudantado e profesionais relacionados coa psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, educación infantil e atención temperá.