• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Sgopping 2009

O Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping consta de catro edicións anuais, Primavera, Verán, Outono e Inverno e  ten como obxectivo contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. Forma parte das accións de promoción e dinamización do sector recollidas no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán cofinanciado pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.

Conta con catro edicións, nas que se premian un total de 12 comercios, tres por edición. Ao rematar o ano escóllese un gañador anual entre os estabelecementos participantes que tiveran unha maior presenza, continuidade e esforzo ao longo das catro edicións anuais do certame.

O gañador anual de 2009 é Pecados de Compostela. Esta tenda de delicatessen, situada no Cantón do Toural, número 5, quedou  primeira na edición de verán do concurso e terceira na edición de outono. Na edición de verán Pecados de Compostela buscou a inspiración no fondo do mar. O xurado valorou o formato innovador do escaparate, con alusións a elementos mariños e cores azuladas, integrado no concepto global da tenda. Na edición de outono, o xurado tivo en conta a evocación a esta época do ano, nunha coidada composición na que predominaban as formas outonais, como bombóns con forma de castañas, e as cores propias desta estación, como son os distintos tonos de marróns e laranxas.

No Concurso de Escaparatismo do ano 2009 resultaron premiados os seguintes comercios:

-Edición de primavera: Tokonoma Iliminación, Xoguetería Vagalume, e Xocoátel.

-Edición de Verán: Pecados de Compostela, óptica Pontecastro e Sistemas de Seguridade A-1.

-Edición de outono: Katuxa Platero Xoias, Xocoátel e Pecados de Compostela.

-Edición de Nadal: Media Lúa, Andrómenas e Floristería Lilas.

O VI Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2009 destina a premios 36.580,98 euros. Os premios consisten en campañas publicitarias a nivel local por valor de 5.156 euros para o primeiro clasificado en cada unha das edicións, de 2.306 euros para o segundo, e de 1.682 euros para o terceiro clasificado. O xurado no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No certame prima tanto o escaparate como o interior do comercio. A Concellaría de Promoción Económica e Comercio organiza o Concurso de Escaparatismo desde o ano 2004. No certame colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Asociación de Comerciantes de Santiago ACOTES, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

O Concurso de Escaparatismo está dirixido a todos os estabelecementos comerciais de Santiago de Compostela.

Requisitos

Os escaparates que participen no certame  deberán estar identificados cun distintivo que achegará a organización e permanecerán iluminados ate as 23 h. Os escaparates que non se atopen instalados no momento da visita valorativa quedarán excluídos do concurso.

A organización poderá establecer exencións a esta norma xustificadas por motivos de seguridade que esixan a retirada da mercadería exporta nos escaparates.