Axudas para a creación de novas empresas
A convocatoria de Axudas para a creación de novas empresas Compostela Activa 2009, enmarcada no Servizo de Apoio á Empresa, ten como obxectivo axudar económicamente aos novos proxectos empresariais a consolidar os seus negocios. En 2009 beneficiáronse destes incentivos 24 novas empresas de Santiago.
Axudas para a creacion de novas empresas Compostela Activa 2009 contou cun orzamento de 80.000 euros. Cada proxecto empresarial presentado podía percibir como máximo 3.000 euros,con independencia do número de beneficiarios que o compoñan. A contía da axuda poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables, é dicir, os considerados como correntes e de primeiro estabelecemento realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de xullo de 2009 nos seguintes conceptos: existencias iniciais de mercadorías, custes de arrendamento de locais e/ou equipos, primas de seguros, abastecementos e gastos correntes e gastos de constitución da sociedade. O importe da axuda non poderá ser empregado con outros fins. Á convocatoria presentáronse 28 empresas.
A estas axudas podían optar as persoas físicas ou xurídicas que iniciaran a súa actividade entre o 1 de outubro de 2008 e o 31 de xullo de 2009, que tiveran a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago, e a súa actividade empresarial fose viable económica, finacieira e tecnicamente. Aos efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a persoa solicitante cause alta no IAE ou no seu caso, no censo de obrigados tibutarios
O prazo de inscrición estableceuse entre o 16 de xuño e o 31 de xullo.