Prover de alimentos á poboación supon incrementar a súa produción nun 70% nos próximos 30 anos
Nos últimos anos, a innovación agrícola deu como resultado novas e prometedoras formas de aumentar a produtividade, desde solucións móbiles ata os drons que poden analizar o chan e monitorear a saúde dos cultivos. Mais existe unha necesidade urxente de aumentar os investimentos en I+D pra cubrir as necesidades futuras. As Nacións Unidas estiman que para 2050, a poboación mundial alcanzará o 9,7 mil millóns. Asegurar unha subministración adecuada de alimentos requirirá un aumento do 70 por cento na produción agrícola nos próximos 30 anos. Estes números presentan ao sector agrícola mundial cunha tarefa desalentadora, especialmente cando se combinan cos efectos do cambio climático e a escaseza de recursos. Hoxe en día, nalgunhas partes de África e o Medio Oriente, millóns de persoas están ao bordo da fame negra.
Ante esta situación, unha rexión como Galicia, con grandes fortalezas no sector agroalimentario e un sector científico relacionado puxante e recoñecido, ten moito recorrido para acadar proveito destas oportunidades. Sen dúbida, o coñecemento acumulado nos campus da nosa Universidade, constitúen unha importante panca de apoio para desenvolver proxectos rendibles e sostibles.