• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A economía dixital cambia a forma na que se disfrutan as experiencias gastronómicas

Data de escritura

A economía dixital, incluíndo pedidos online e servizos de entrega e a influencia crecente das redes sociais, está a cambiar a forma en que os consumidores descobren, interactúan e gozan das súas experiencias gastronómicas. Así o indica a última enquisa elaborada por American Express en Estados Unidos sobre as tendencias de consumo no sector da restauración.

Os restaurantes recorren cada vez máis á tecnoloxía para mellorar as experiencias gastronómicas dos seus clientes. Na actualidade o 7% dos propietarios ou xerentes usa tecnoloxía en mesa a través de dispositivos que permiten solicitar a conta ou a presenza dun camareiro con tan só apertar un botón, aínda que se espera que esta porcentaxe aumente nos próximos anos. Proba diso é que o 65% dos enquisados asegura estar a valorar a posibilidade de incorporar estas tecnoloxías nos seus establecementos, aínda que o 75% dos consumidores afirma preferir un restaurante con camareiros tradicionais que ofrezan un servizo personalizado. Estas diferenzas, como indican desde American Express, obrigan aos propietarios a considerar e establecer cal é o seu público obxectivo e a buscar un equilibrio entre o servizo tradicional en mesa e a implementación de novidades tecnolóxicas.