CONECOM: Conferencia de ecommerce en Galicia
A segunda edición de CONECOM celebráse no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia
A artesanía, a agricultura, a industria e mesmo a cultura teñen gran potencial de comercialización, pero en moitos casos hai un descoñecemento das posibilidades que lles ofrece o comercio electrónico. Por iso, CONECOM ten por finalidade formar e dar as ferramentas de traballo ás Pemes e as novas iniciativas empresariais no comercio electrónico para así crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego.
Este sector da venda electrónica é cada vez máis emerxente, como o demostra o feito de que medra en torno a un 25% cada ano, segundo apuntou Xosé Rivera. Non obstante, dixo, "en España e Galicia segue a comprarse máis que venderse, polo que é necesario máis investimento para que o balance sexa positivo".
CONECOM tratará temas fundamentais para o correcto desenvolvemento dun proxecto de comercio electrónico: Introdución ao comercio electrónico, situación actual e oportunidades; M-commerce, o E-commerce Móbil; Pasarelas de pago; Xestión de portes; Publicitando a nosa tenda; Dropshiping, que vender e como vendelo?; Software libre para E-commerce; Seo para Ecommerce.
A inscrición ao programa é gratuíta. Pode facerse a través da páxina www.conecom.es

, onde pode consultarse tamén toda a información do evento
Data inicio
Data fin