• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CURSO WEBMARKETING: EMPRENDER NA REDE

O Club EMPRENDE MAS organiza coa colaboración do Concello de Santiago este curso para coñecer as posibilidades que internet ofrece para emprender

Internet é un mundo potencialmente infinito, un espazo sen límites que creou novas regras no mercado e na vida de todos. A potencia e a influencia que este medio ten pódese medir simplemente notando como en menos de dez anos a  metade das horas da vida da maioria da xente no mundo occidental convertéronse en horas “conectadas”. Traballo, estudos, documentos, información, aficiones, ocio, política, interacción social...todo móvese a través de ordenadores e outros aparellos conectados á rede.

 O problema é que moitas persoas pasan todas estas horas en intenet sen “conciencia”, e aínda hai moitos usuarios máis espabilados que saben cómo funcionan as cousas en intenet e o beneficio económico que o noso tempo online da a moitas empresas, pérdense completamente na enorme cantidade de información.

 Internet é un lugar onde talento, capacidade, intelixencia e unha boa actitude dan resultados a longo prazo e onde todos poden beneficiarse.

 Non estamos falando do mito de “facerse rico” grazas a internet, ou gañar cartos sen traballar. Beneficio pode ser simplemente dar a coñecer a persoas interesadas o que estamos facendo, aínda que estas persoas vivan ó outro lado do mundo, falen outro idioma, teñan outra relixión e outra cultura. Ou pode, co tempo, empezar a promover a nosa figura profesional, o noso talento, e sacar proveito, chegando a ter un diñeiro extra facendo o que nos gusta e que co tempo, a constancia e o traballo pódese transformar nunha verdadeira empresa, ou nunha idea exitosa e revolucionaria que involucrará a millóns de persoas.

Data inicio
Data fin