¿Queres ser máis productivo?. Xestión de tareas á velocidade da tua empresa
Aje Galicia organiza a xornada “¿Queres ser máis productivo?. Xestión de tareas á velocidade da tua empresa” na que o experto Anxo Mourelle exporá os principios para ser máis productivo a través do método "GTD".
Esta metodoloxía, contrastada en 20 países con éxito dende fai unha década, ofrece un control sobre as tareas cun sistema sinxelo sen custes asociados e multiplataforma, permite tomar decisións rápidas e adaptar prioridades a medida que as cousas pasan.
A ponencia, en colaboración co Concello de Santiago e a Escola Europea de Negocios, vai dirixida a emprendedores, profesionais liberais, enxeñeiros, consultores, xestores de institucións e en xeral persoas que teñen obxetivos e os queren cumprir.
Os interesados poden inscribirse de forma gratuita enviando un correo agerencia@fegaxe.com ou ben no teléfono 608905804. Ao finalizar a ponencia, que durará aproximadamente unha hora, haberá un pequeno “café-networking” para que os asistentes podan ampliar a súa rede de contactos.