• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I Programa de apoio ao emprendemento agroalimentario

Edificio CERSIA Empresa 
Alcalde Raimundo López Pol, s/n 
[ver mapa]
Dende a Fundación Juana de Vega, bríndannos a posibilidade ó GDR Terras de Compostela, de difundir no noso territorio, a convocatoria do I PROGRAMA DE APOIO AO EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO.

Este programa ten por obxecto a captación, selección, formación, desenvolvemento e apoio á implantación de proxectos emprendedores no eido do sector agroalimentario de Galicia, para contribuir a fortalecer o tecido empresarial e a mellorar a calidade de vida no rural.

Na fase de captación de proxectos, para a posterior selección dos candidatos, a Fundación Juana de Vega visitará o noso territorio o vindeiro martes, para expoñer os seus obxectivos e contido do programa así como para orientar as posibles iniciativas.

Para máis información, no teléfono da Fundación Juana de Vega, 981 654 637 ou no enlace www.juanadevega.org/programaempresas

Data inicio
Data fin