• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

I Premio Open Data do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

Edificio CERSIA Empresa - Salón de Actos
Alcalde Raimundo López Pol, s/n 
[ver mapa]


Os proxectos candidatos poderanse presentar ata o 12 de xuño e defenderanse en público nunhas xornadas o 14 de xuño

Open Data e RISP constitúen elementos xeradores de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información.

O futuro encamíñase na dirección de modelos de negocio online que evolucionan constantemente para satisfacer a inmediatez e a personalización da demanda actual. Isto, xunto coa clara tendencia cara a un consumo cada vez máis dixital, coloca o sector empresarial diante dun reto dunha enorme envergadura, pero tamén ante un abano de oportunidades. 

Para fomentar o coñecemento e potenciar o espírito emprendedor na nosa comunidade, o CPEIG convoca o I Premio Open Data, aberto á presentación de candidaturas ata o 12 de xuño, e que tenta ser un estímulo para o desenvolvemento de aplicacións neste novo paradigma. 

Unhas interesantes xornadas que se celebrarán o 14 de xuño no salón de actos do CERSIA (Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela) daranlle a oportunidade aos emprendedores de defender os seus proxectos en público. 

A dotación do premio é de 600€ para o proxecto gañador, 400€ para o segundo clasificado, e 200€ para o terceiro.

Data inicio
Data fin