• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONECOM: Primeira Conferencia de eCommerce Galicia

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro
15707 Santiago de Compostela
[ver mapa]

CONECOM é o proxecto da Primeira Conferencia sobre eCommerce en Galicia. Ten por finalidade formar e darlles ferramentas de traballo ás pemes e ás novas iniciativas empresariais en relación ao comercio electrónico, para así crear un sector competitivo e fortalecer o tecido empresarial galego coa axuda das institucións e o esforzo de todos.

A artesanía, a agricultura, a industria e a cultura galegas teñen un gran potencial de comercialización, pero en moitos casos non atopamos nin os recursos nin a iniciativa como para saber comercializalo e fortalecelo. Con esta proposta queremos romper esa barreira e instruír, formar e capacitar aos emprendedores nesta plataforma, para así darlles vantaxe e ao mesmo tempo xerar mercado para as empresas de deseño, programación e comunicación galegas que darán estes servizos.

PROGRAMA
  1. Introdución ao comercio electrónico: que vender e como vendelo
  2. Pasos para montar unha tenda en liña
  3. Promocionando a nosa tenda en Internet
  4. Medindo os resultados e tomando decisións
  5. Métodos de cobro
  6. Lexislación: LOPD
  7. Sectores de interese e casos reais
Inscrición gratuíta en www.conecom.es
Data inicio
Data fin