• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de apoio a persoas emprendedoras do ámbito hortofrutícola

Edificio CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n
[ver mapa]

Xornada de presentación a produtores e persoas interesadas no sector

FINALIDADE DO PROXECTO
Potenciar o sector hortofrutícola do territorio Terras de Compostela, como unha alternativa de emprego, potenciando e diversificando as producións, promoción do produto local e a súa comercialización, mediante accións de animación e tutorización.

DESTINATARIOS
  • Desempregados, mozos, mulleres, que vexan na agricultura unha fonte de empregabilidade.
  • Agricultores de recente incorporación na agricultura.
  • Profesionais do sector hortofrutícola.
OBXECTIVOS DO PROXECTO
  1. Apoiar ós produtores potenciais ou existentes no territorio, mediante asesoramento, formación e acompañamento, tanto na fase de produción como na fase de comercialización.
  2. Promover o intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo, así como a búsqueda de liñas de actuación conxunta e favorecer a emerxencia de novas actuacións no eido agrario.
  3. Fomentar a colaboración entre os produtores locais, a industria agroalimentaria e a restauración no territorio, establecendo liñas de produción – comercialización en rede.
  4. Concienciar no consumo de produtos locais en centros públicos, privados e no ámbito do consumo familiar.
  5. Desarrollar as zonas rurais do territorio Terras de Compostela, a través do promoción e diversificación das producións locais.
ÁMBITO DE ACTUACIÓN
A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Para máis información poden contactar co GDR Terras de Compostela no Telf.: 981 818 357, ou a través do e-mail: info@terrasdecompostela.org

Data inicio
Data fin