• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Qué teñen en común INDITEX, IKEA e DELL e podemos utilizar mañá nas nosas empresas?

Dirixido a: empresarios/as, emprendedores/as e traballadores/as das empresas de Santiago de Compostela.

Data: 27 abril Hora: 9.00

Lugar: Edificio Cersia. Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Santiago

A clave está en COMO O FAN, non NO QUE FAN

As tres xestionan de forma eficiente a cadea de suministro para poñela ao servizo do cliente. En entornos con moita incertidume, o importante é acortar os tempos de execución e a alta dirección adica o 80% do tempo á planificación.

Pero, como podemos levalo a cabo?

Averíguao neste novo almorzo de traballo organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego de Santiago de Compostela e AJE A Coruña.

Relator:

Manuel A. Castro Hermida
. Enxeñeiro Superior Industrial - organización Industrial-,Universidade de Vigo. Programa de Alta Dirección, Escola de Negocios Caixanova.

- Liderou implantacións de procesos de mellora continua en EEUU e España nas áreas de Enxeñería, Producción e Distribución, en empresas de diferentes sectores: textil, automoción, aeronáutica, naval, microelectrónica, mobiliario, papelería...

- Socio director de Constraints Management Group, profesor do Colegio de Dirección del Instituto de Empresa (Madrid) e docente colaborador en escolas de negocios.

Asistencia gratuíta previa confirmación.

Data inicio
Data fin