Reunión ANATOLE Grupo Local
Representantes das administracions local e autonómica, de produtores agrogandeiros de Galicia, de asociacións de consumidores, e do sector hostaleiro reunírsnse esta tarde na Oficina de Turismo de Santiago, no cuarto encontro do grupo ANATOLE en Compostela, convocado pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo; Turismo de Santiago; a asociación Terras de Compostela, e a Asociación ADTERRA (Asociación para o Desenvolvemento dos Territorios polos Actores Locais).
As persoas asistentes estudaran hoxe distintas vías para promocionar o desenvolvemento de produtos de producción familiar, non intensiva, ecolóxicos ou próximos á agricultura ecolóxica, de elaboración propia e procedentes da agrogandeiría galega. Na reunión tamén se esporán as éxperiencias analizadas no encontro do grupo ANATOLE celebrado en Huelva no mes de xaneiro.
Proxecto ANATOLE
O proxecto ANATOLE (Atlantic Network’s Abilites for Tows to Organise Local Economy), desenvólvese baixo o lema Unha aposta pola competitividade e calidade dos nosos mercados para o desenvolvemento da economía de proximidade. Promovido pola Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico, é unha iniciativa transnacional para promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a conformación de redes no ámbito do desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario.
En Galicia, o promotor institucional do proxecto é a concellaría dirixida polo nacionalista Xosé Manuel Iglesias e Turismo de Santiago, o operador técnico a asociación ADTERRA, e o territorio de incidencia é o correspondente ao GDR 24 Terras de Compostela, do Programa LEADER.
Financiado polo programa europeo Espazo Atlántico con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), os obxectivos do proxecto Anatole son:
- Promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago, co fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade.
- Establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable, con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios.
- Crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica.