Mesa redonda "O Valor Espiritual da Cidade de Xerusalén no Diálogo Interreligioso".
O mércores 15 de decembro ás 20:30 horas a Fundación Araguaney organiza a mesa redonda "O valor Espiritual da Cidade de Xerusalén no Diálogo Interrelixioso".
A Fundación Araguaney organiza o próximo mércores 15 de decembro ás 20. 30 unha mesa redonda sobre “O Valor Espiritual da Cidade de Xerusalén no Diálogo Interreligioso” que contará coa participación do Patriarca da Cidade Santa de Xerusalén e Arcebispo de Sebaste da Igrexa Ortodoxa Grega, Theodosius Atallah Hanna. Este acto terá lugar no Salón Olivo do Hotel Meliá Araguaney ás 20.30O Arcebispo Theodosius ostenta o máis alto grao da antiga Igrexa Ortodoxa Grega en Xerusalén e a Terra Santa, e é o primeiro palestino que tivo a honra de exercer este cargo na súa terra natal. Theodosius Atallah Hanna é ademais un recoñecido autor, que publicou en diversos xornais e revistas nacionais e internacionais, e un comprometido defensor do diálogo entre cristiáns e musulmáns para impulsar o espírito de cooperación e unidade en Palestina. A súa intensa actividade política converteulle nunha figura moi controvertida na súa terra.
Data inicio
Data fin