• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

O 16 de decembro ás 13:00h na Sede da Fundación Caixa Galicia presentarase a nova web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)

Tras máis dun ano de traballo dedicado ao deseño, reestruturación de contidos, e creación de novas ferramentas, chegou por fin o momento da posta en marcha da nova web do Ceesg.
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.
No portal incorpóranse ferramentas da web 2.0 que permitirán unha comunicación horizontal non só entre o Colexio e as/os colexiadas/os, senón tamén entre as propias persoas colexiadas, coa intención de tecer unha ampla rede social que nos interconecte no mundo da Educación Social.
Data inicio
Data fin