• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

21 a 24 de novembro. San Sebastián Gastronomika

Turismo de Santiago promocinará a cidade como destino para amantes do bo comer en San Sebastián Gastronomika, que celebra a súa duodécima edición do 21 ao 24 de novembro.

Santiago estará presente no stand da Asociación Española de Destinos Gastronómicos e como productos representativos da cidade ofrecerá aos visitantes a "Tarta de Santiago", de Casa Mora, e Pedras de Compostela. Tamén distribuirá entre o público profesional distinto material como a Guía Gastronómica, o libro de receitas de SANTIAGO(é)TAPAS, folletos sobre a Praza de Abastos ou a guía de restaurantes da Asociacións Hostelería Compostela.

O día 24 estará adicado á relación entre Turismo e Gastronomía. Será este día cando se presente a marca "Saborea España", da que forma parte Santiago de Compostela, dentro das "Xornadas sobre os retos e oportunidades do turismo gastronómico en España", na que analizarase o perfil do novo turista gastonómico, cales son os seus criterios para a eleción dun destino e cales os seus hábitos de consumo de produtos turísticos.

No programa de San Sebastián Gastronómika participarán uns 50 cociñeiros como Juan Mari Arzak, Karlos Arguiñano, Ferrán Adrià, Pedro Subijana, Sergi Arola, Joan Roca ou Paco Roncero. Tamén participará Marcelo Tejedor, cociñeiro do único restaurante compostelán con Estrela Michelín, Casa Marcelo. Ademáis, Turespaña colabora co evento organizando un presstrip internacional con 32 xornalistas de medios coma Le Figaro, Washington Post, New York Times, Financial Times, The Observer ou a Folha de Sao Paulo.

Data inicio
Data fin