17 de novembro: reunión da Asociación Española de Destinos Gastronómicos
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asitirá o mércores 17 en Lanzarote á reunión da Asociación Española de Destinos Gastronómicos, da que Santiago forma parte como membro fundador.
Na reunión de Destinos Gastronómicos trataranse os requisitos que deben cumprir os destinos que queiran integrarse na Asociación e analizaranse as novas candidaturas propostas. Os membros promotores da iniciativa son: Santiago de Compostela, Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid. A mediados de 2010 incorporáronse outras cinco cidades: Albacete, Badaxoz, Cidade Real, Valencia e Zaragoza. O obxectivo da asociación é contar con presenza en todas as Comunidades Autónomas.
Os destinos membros da asociación caracterízanse por contar con: unha estructura de xestión específica para o turismo gastronómico, unha base de oferta de restauración, actividades relacionadas coa cultura gastronómica, productos gastronómicos básicos ou elementos relacionados coa notoriedade ou particularidades relevantes, potenciar a relación entre sector primario e terciario, xestionar un sector primario productivo que sexa referente e un sector secundario productor de propostas interesantes (D.O. Calificacións especiais,…), e unha oferta complementaria ou recursos para ampliar o producto básico.