Do 5 ao 9 de novembro. Hostelco
Hostelco, que se celebra en Barcelona, é un salón de referencia no sector gastronómico.
Turismo de Santiago promociona a cidad como destino gastronómico, en Hostelco, un Salón de referencia para o sector, que se celebra en Barcelona do 5 ao 9 de novembro, e que segundo os cálculos da organización, contará coa participación de 80.000 profesionais.
Santiago está presente neste evento profesional dentro do grupo Saborea España, da que forma parte como membro da Asociación Española de Destinos Gastronómicos, xunto con Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid.
Data inicio
Data fin