Do 16 de novembro a 13 de decembro: Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais
A concellería de Promoción Económica a través do Bic Galicia, imparte un seminario sobre creación de empresas dirixido a emprendedores que dará comezo o vindeiro día 16 de novembro no Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa (Cersia) en horario de 9.00 a 14.00 h.
O Seminario de creación e valoración de proxectos empresariais está organizado por Bic Galicia e ten unha duración de 35 horas. Consta de sete sesións de formación e dúas sesións de apoio ao asesoramento de proxectos. Realizarase unha sesión previa de entrevistas para a avaliación dos proxectos participantes.
Na entrevista de avaliación os/as promotores/as deberán presentar o seu borrador de proxecto, así como entregar unha copia (segundo o modelo facilitado pola entidade colaboradora) aos titores do seminario para a súa avaliación. Esta entrevista é obrigatoria para todos os proxectos que queiran asistir ao seminario.
Nas sete sesións formativas facilítase ao/á emprendedor/a a metodoloxía e ferramentas necesarias para o desenvolvemento dun plan de empresa (planificación empresarial). É por iso que o seminario en si é útil para aqueles/as emprendedores/as que teñan as ideas de negocio desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientela, mercado, organización, etc.) e teñan un esbozo cuantitativo da idea (recursos necesarios, investimentos, prezos, etc.)
Como complemento a estas sesións realízanse dúas sesións de titoría personalizada por proxecto. Deste xeito o promotor /emprendedor traballará no seu proxecto durante toda a acción formativa.
Obxectivos
* Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio.
* Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa.
* Contrastar a viabilidade económica financeira do proxecto empresarial.
* Apoiar a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan os seminarios.
Programa
Sesión de entrevista previa 16/11/2010
Emprendedor e empresa 17/11/2010
O ámbito de actuación da empresa 18/11/2010
Os procesos e a organización interna (I) 22/11/2010
Os procesos e a organización interna (II) 23/11/2010
Titoría 1: Avaliación da Memoria descriptiva do proxecto 25/11/2010
A viabilidade económica e financiera da empresa (I) 30/11/2010
A viabilidade económica e financiera da empresa (II) 01/12/2010
A viabilidade económica e financiera da empresa (III) 02/12/2010
Titoría 2: Avaliación do plan económico financiero 13/12/2010
Información e inscrición
Concello de Santiago de Compostela - Servizo de Apoio á Empresa - Rúa do Hórreo, número 100 (en horario de 9.00 h. a 14.00 h.)
Tel. 981 568 752 (en horario de 9.00 h. a 14.00 h.)