2 e 3 de novembro. 1ª Convención Nacional de Directivos
Baixo o título “Os camiños da reactivación”, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) reunirá en Santiago de Compostela o 2 e 3 de novembro aos principais empresarios españois (sobre uns 1.500 directivos) na súa primeira Convención Nacional.
Con esta iniciativa, APD pretende establecer un foro de debate de referencia internacional, no que directivos españois de primeiro nivel analicen as tendencias que xa están cambiando o mundo, a economía e as empresas.
Na Convención intervirán 26 destacados dirixentes, como o presidente de APD, José María Aguirre; o presidente de APD Noroeste, Honorato López Isla; 0 presidente del BBVA, Francisco González; o director xeral de Google España, Javier Rodríguez Zapatero; a presidenta de Microsoft España, María Garaña; Jeremy Rifkin, asesor Político da UE; Gilles Lipovetsky, sociólogo e filósofo, ou o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo.
A Convención contará ademais con espazos para o encontro. No After Work que se levará a cabo ao finalizar o primeiro día da Convención, os executivos contarán cun espazo lúdico, interactivo e participativo, e á vez estreitamente vencellado ás tendencias de futuro no ámbito dos negocios.
APD nace fai 54 años co obxectivo de colaborar no desenvolvemento dos directivos e, en consecuencia, das empresas, os seus empregados e a sociedade en xeral, mediante a posta a disposición dos mesmos de ferramentas de formación, información e networking. APD promove o intercambio de coñecementos, experiencias e técnicas entre os directivos. Trátase dunha Asociación independente sen ánimo de lucro.
Todo a información atópase na súa web. Nesta web atópase o "Xogo do Peregrino". Trátase dunha aventura online que permite facer o Camiño de Santiago dunha forma novedosa mentras que se resposta a preguntas sobre cultura, curiosidades ou acerca da realidade empresarial das distintas ciudades que se percorren. Entre os participantes que completen as distintas rutas do xogo sortearase un cruceiro Pullmantur, así como seis fins de semana nun estabelecemento da rede de Paradores Nacionais.