• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

19 de novembro: xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico

Esta xornada sobre comercio electrónico e produtos agrarios tradicionais, enmárcase no Proxecto ANATOLE, e está vinculada ao proxecto granxafamiliar.com, e organizada por ADAF, a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar.

Coa organización da xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico", o día 19 de novembro no Centro Sociocultural do Ensanche, en Santiago de Compostela, ADAF pretende impulsar o desenvolvemento do medio rural en Galicia pondo en valor a súa cultura e promovendo o uso das TICs como canle de  desenvolvemento. A cualificación dos recursos humanos e o impulso do capital intanxible no medio rural en Galicia preséntase como un auténtico desafío de futuro.

O proxecto ANATOLE (Atlantic Network’s abilites for tows to organise local economy), desenvólvese baixo o lema Unha aposta pola competitividade e calidade dos nosos mercados para o desenvolvemento da economía de proximidade. Promovido pola Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico, é unha iniciativa transnacional para promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a conformación de redes no ámbito do desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario. En Galicia, o promotor institucional do proxecto é a concellaría de Promoción Económica e Turismo de Santiago, o operador técnico a asociación ADTERRA, e o territorio  de incidencia é o correspondente ao GDR 24 Terras de Compostela, do Programa LEADER.  

Data inicio
Data fin