Do 15 ao 20 de novembro. Misión comercial a Río de Janeiro.
Esta misión do Espazo xoves empresarios "business days Brasil 2010" está organizada pola FEGAXE, a Federación Galega de Xoves Empresarios.
O obxectivo da misión comercial a Río de Janeiro, que terá lugar entre o 15 e o 20 de novembro, é contribuir á creación dun novo modelo de cooperación empresarial, remodelando e construindo pontes (bringing.)
A misión comercial está destinada a empresas asociadas ás asociacións de xoves empresarios integrados na Fegaxe, a empresas lideradas por empresariado xove, e a empresas con domicilio social en Galicia.
As empresas interesadas poden informarse no departamento de administración da Federación Galega de Xoves Empresarios nos teléfonos: 981 595 454 e 608 752 100.
Data inicio
Data fin
Enlaces