• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

26, 27, 28 e 29 de outubro: seminarios "Aspectos básicos das empresas de inserción" en distintos lugares de Galicia

Organizados pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), celebraranse en horario de 9.00 h. a 14.00 h., os días 26 de outubro en Santiago, 27 de outubro en Pontevedra, 28 de outubro en Begonte (Lugo) e 29 de outubro en Carballo (A Coruña).

Os seminarios Aspectos básicos das empresas de inserción laboral están dirixidos a profesionais das diferentes administración públicas e de entidades de iniciativa social das áreas de inclusión social e servizos socios e de emprego (técnicos e técnicas de emprego.)

Con este seminario preténdese aportar os coñecementos básicos sobre os aspectos de carácter técnico e procedimental relacionados coas empresas de inserción.

Os seus obxectivos son: 

  • Sensibilizar sobre a figura das empresas de inserción laboral e a inserción sociolaboral en Galicia.
  • Facilitar a relación dos técnicos e técnicas de inclusión social, servizos sociais e emprego coas empresas de inserción laboral e coas súas entidades promotoras.
  • Unificar criterios e procedementos no análise e acreditación das situacións de exclusión social determinantes da incorporación a unha empresas de inserción laboral.
  • Apoiar a creación de novas empresas de inserción en Galicia.

Cada seminario conta con 15 prazas e son gratuitos. As persoas interesadas poden obter máis información na Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA).

Data inicio
Data fin