• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

3,10, 17 e 24 de novembro: Xornadas de Cooperativismo 2010

O 25 de outubro remata o prazo para inscribirse no encontro, que ten como obxectivo fomentar e apoiar o emprendemento cooperativo como alternativa de autoemprego viable e fonte de creación de riqueza en Galicia.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais, a través do Consello Galego de Cooperativas, organiza as Xornadas de Cooperativimo 2010 que se celebrarán o 3 de novembro en Lugo, o 10 en Ourense, o 17 en Vigo e o 24 de novembro en Santiago de Compostela. 

O obxectivo das xornadas é fomentar e apoiar o emprendemento cooperativo como alternativa de autoemprego viable e fonte de creación de riqueza en Galicia a través de formación específica en cooperativismo ós/ás profesionais de asesorías, xestorías e doutras entidades e a dotación ós/ás mesmos/as de ferramentas que apoien a súa labor.
 
Trataranse, entre outros temas, as características fundamentais da fórmula cooperativa e do cooperativismo en Galicia, as vantaxes e liñas de axuda existentes, o proceso de creación dunha cooperativa e as particularidades da súa xestión no tocante a contabilidade, fiscalidade e réxime económico. Contarase ademais coa participación de expertos e técnicos en cooperativismo que nos darán a súa visión acerca das potencialidades deste tipo de empresas para a posta en marcha de todo tipo de proxectos emprendedores grupais.
 
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 25 de outubro cubrindo o formulario que atoparán xunto ao programa, no díptico adxunto. Ademais, poden obter máis información no teléfono 670.091.936 ou ben na web www.cooperativasdegalicia.com

.

Data inicio
Data fin