19 de novembro: Xornada de portas abertas de ALPEE-Axencia Local de Promoción Económica e Emprego de Xixón
O obxectivo da xornada é que as entidades asociadas a REDEL coñezan o modelo de actuacion e a estratexia da Axencia Local de Promoción Económica e Emprego do Concello de Xixón.
A xornada, organizada por Garapén, celebrarase o próximo 19 de novembro e está dirixida aos responsables políticos e técnicos das distintas entidades e axencias que integran REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.
A xornada estrutúrase en tres partes:
- ALPEE explicará a estratexia que está a seguir e os proxectos que están a levar a cabo. Destaca, na estratexia da axencia, o Acordo Xixón Innova 2008-2011, froito do Acordo Social subscrito polo Concello de Xixón cos sindicatos comarcais UXT, CCOO e FADE (Federación Asturiana De Empresarios).
- Visita ao Parque Científico Tecnolóxico de Xixón, que ten como principal obxectivo o apoio á creación e á instalación de empresas e institucións baseadas en Ciencia e Tecnoloxía. Durante a visita exporanse dous proxectos:
- Plataformas Empresariais.
- Sociedade de Capital Risco. - Comida de traballo.
Data inicio
Data fin