• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

2, 3 e 4 de novembro: Xornadas Empresa-Protección de Datos-Administración Electrónica

O prazo de inscrición nas xornadas, que son gratuitas, finaliza o 27 de outubro.

Os días 2, 3 e 4 de novembro desenvolveranse, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, as Xornadas Empresa-Protección de Datos-Administración Electrónica. O encontro ten como obxectivo a difusión, desde distintos puntos de vista, das implicacións da normativa sobre protección de datos no desenvolvemento das actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.

As xornadas están organizadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Facultade de Ciencias Economicas e Empresariais e o Centro de Estudos Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela.

Data inicio
Data fin