• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

15 e 16 de outubro: Encontro Comercial do Programa Saeómercado

Incluirá roldas de entrevistas comerciais, xantar e cea de negocios, e unha sesión final onde se analizarán os resultados obtidos nun debate entre os participantes.

A Consellería de Economía e Industria, a través de Bic Galicia, en colaboración con Fegaxe (Federación Galega de Xoves Empresarios) pon en marcha o Encontro Comercial do Programa Saeómercado.

Durante os próximos días 15 e 16 de Octubre realizarase en Oleiros—A Coruña a Encontro Comercial do Programa Saeómercado no Hotel As Galeras, onde se facilitará a interacción entre empresarios. Incluirá roldas de entrevistas comerciais, xantar e cea de negocios, con pernocta e unha sesión final onde se analizarán os resultados obtidos nun debate entre os participantes.

O obxectivo principal deste Encontro Comercial é lograr que os empresarios participantes, teñan a oportunidade de coñecerse, tanto persoal como profesionalmente e cambiar opinions onde poidan xurdir oportunidades de colaboración e sinerxias entre todos eles.

Data inicio
Data fin