• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Reunión informativa sobre o proxecto de cooperación interterritorial "Diversificación dos recursos agrícolas, gandeiros e forestais, novos produtos e servizos"

O encontro, organizado pola Asociación Terras de Compostela, terá lugar na  aula de formación da Cooperativa Feiraco, situada en Ponte Maceira, no Concello de Ames. 

A Asociación Terras de Compostela participa, xunto a once Grupos de Desenvolvemento Rural de distintas Comunidades Autónomas (Galicia, Castela a Mancha, Estremadura e Andalucía) no Proxecto de Cooperación Interterritorial ?Diversificación dos Recursos Agrícolas, Gandeiros e Forestais, novos produtos e servizos.

A reunión organízase co obxectivo de presentar o proxecto. Na orde do día tamén figuran outros temas como unha proposta do cultivo dunha variedade de liño oleaginoso rico en omega-3; e a aplicación da semente de liño á industria alimentaria e á alimentación animal.

O encontro, aberto ao público, está dirixido, sobre todo, ás persoas interesadas en recibir información sobre novas estratexias para a diversificación do aproveitamento dos terreos de cultivo, especialmente para quen abandonando a actividade gandeira, atopan dificultades para a comercialización dos produtos agrícolas.

Data inicio
Data fin