II Reunión do Proxecto Anatole
O luns, 27 de setembro, ás 17.00 h., celébrase a segunda reunión do grupo ANATOLE en Compostela, na Sala de Reunións da oficina de Turismo de Santiago, situada na Rúa do Vilar, número 63.
A Concellaría de Promoción Económica, a asociación Terras de Compostela, e a asociación ADTERRA, organizan este segundo encontro de Anatole, co obxectivo de seguir traballando nas liñas do proxecto que xa foron esbozadas na xornada de presentación, celebrada o pasado 28 de xuño en Santiago. Estas liñas son:
− comercialización da producción local , asegurar a distribución e a promoción
− a introducción das TIC favorecendo a achega entre productor e cliente
− a potenciación da producción ecolóxica, mercados e productores especializados
− relación directa do productor / consumidor e os compromisos adquiridos
− o papel das políticas públicas para favorecer iniciativas que promocionen os productos locais (nos restaurantes, nos mercados, nas tendas, no turismo, etc.)