• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

III Gala de SANTIAGO(é)TAPAS

A Gala terá lugar o xoves 8 de xullo, ás 19.00 horas, no Mercado de Abastos.

Será presentada por Tomás Alonso, o popular xornalista de TVG que actualmente presenta o programa gastronómico “Larpeiros”. Na Gala desvelarase o nome das tapas gañadores desta terceira edición de SANTIAGO(é)TAPAS.

Por unha banda hai tres premios outorgados polo Xurado, composto por cociñeiros, xornalistas, representantes de empresas e institucións, e nesta edición tamén pola persoa que foi seleccionada pola comunidade de internautas nun concurso que se desenvolveu no páxina do evento en Facebook. Tamén se entregarán dous premios do público: un á mellor tapa e outro á excelencia no servizo.

O Xurado oficial concederá o “Premio Estrella Galicia á Mellor Tapa” do concurso, dotado con 2.500 euros, unha viaxe para dúas persoas a Praga e unha inserción publicitaria na revista “Culturall”, o “Premio Asociación Hostelería Compostela á Segunda Mellor Tapa”, dotado con 1.500 euros, e o “Premio La Casera á Terceira Mellor Tapa”, dotado con 1.000 euros. O Xurado popular concederá o “Premio Turgalicia á Mellor Tapa do Público”, dotado con 1.000 euros e “Premio (é)xcelente Caixa Galicia”, no que se valorará o servizo do estabelecemento (profesionalidade, rapidez, amabilidade…), as instalacións do estabelecemento (limpeza, orde, conservación…) e a experiencia global dos clientes, cunha dotación de 500 euros. Ademais, sortearase entre os 56 estabelecementos participantes a inscrición completa para dúas persoas para o próximo Fórum Gastronómico de Girona 2011.

Data inicio
Data fin