II Xornada Internacional de Coaching
Con este evento de carácter internacional preténdese facilitar ao empresariado a formación necesaria para mellorar competitivamente nas súas organizacións a través do coaching; unha disciplina que, aplicada a ámbitos como o deporte, a empresa, os equipos de investigación ou as universidades, permite avanzar en materia de motivación, negociación, habilidades directivas, transferencia, coñecemento, comunicación entre equipos, etc.
Estas xornadas contan cos máis prestixiosos expertos internacionais e nacionais na materia, entre os que figuran Robert Dilts (EE.UU), considerado como un dos principais coaches do panorama internacional, e Juan Carlos Cubeiro, un dos maiores expertos españois en Talento, Liderado e Coaching. O programa tamén inclúe mesas de experiencias, onde estará presente, xunto a outros altos directivos, Miguel Angel Lotína, adestrador do Real Club Deportivo da Coruña; obradoiros prácticos; sesión de coaching en vivo e comida de networking temática.
As persoas e/ou entidades que colaboran e/ou son usuarias dalgún dos programas da concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, teñen un desconto do 40% sobre a tarifa oficial (necesario indicalo na inscrición online)
O ano pasado, AJE A Coruña organizou, con QCoach como parner, e en colaboración con distintas entidades, entre elas Promoción Económica, a I Xornada Internacional de Coaching. Asistiron cerca de 200 persoas e contou coa presenza de destacados poñentes e expertos na materia, entre eles o irlandés, Joseph O´Connor.